#Sermos363: unha volta ás aulas cos desafíos de sempre e o impacto do Brexit na Galiza

Docentes, alumnado e familias afrontan o inicio dun novo curso coa persistencia de problemas xurdidos ou acrecentados nestes anos. Con esta reportaxe abrimos un novo número do semanario Sermos Galiza en papel. Xa á venda na loxa e a partir da quinta feira nos quiosques.

Máis un novo semanario saíndo do forno e xa van 363. Neste número, o protagonismo corresponde á volta ás aulas. O inicio dun novo curso escolar volve evidenciar eivas e problemas que nestes anos non teñen solución por parte dunha Xunta “inmobilista”, segundo a comunidade escolar, e cuxas políticas minguan o ensino público á par de que favorece a privada.

En Opinión, publicamos os artigos de Marilar Aleixandre e de Guillerme Vázquez, así como unha nova entrega de “A ollo nu", a sección que cada semana escribe Xoán Costa.

A praga de cartaces e faixas anunciando enlaces matrimoniais nas estradas galegas é un fenómeno que “debería estudarse nas universidades”, segundo os expertos. Mergullámonos neste fenómeno neste número.

Entrevistamos Fernando Blanco, avogado e membro de Esculca, Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades para tratar as mortes en prisión. No que vai de ano morreron nove persoas reclusas na Galiza.

En Economía afondamos na impacto que pode ter o Brexit na Galiza, en sectores como a pesca, o téxtil ou a automoción, entre outros.

Da man dunha análise de Joám José Romero coñecemos como os gobernos de Núñez Feixoo privatizaron os servizos públicos atacando os salarios indirectos.

En Internacional, publicamos a segunda parte da análise do ensaísta boliviano Rafael Bautista, un dos máis destacados representantes da Escola decolonial, sobre o que agochan os lumes da Amazonia.

O Fóra de Serie abrímolo co último relato da sección “Un verán en Galeusca”, partillada por Sermos Galiza, Berria e Vilaweb.Unha reportaxe sobre esta edición de Cantos da Maré adéntranos nun evento único. ‘Galzia no mapa’ achéganos da man de Cilia Torna outra imaxe da Galiza.

Non faltan as colaboracións de Iolanda Gomis, Mario Regueira e Andrés Castro, Manuel Xestoso, Iria Veiga

O AFondo deste número céntrase en Rosendo Vila, alcalde de Monforte de Lemos morto nun enfrontamento cos fascistas cando estes o ían procurar á súa casa após o golpe de estado de 1936.

Xa á venda na loxa e a partir da quinta feira nos quiosques.