Resumo

#Sermos353: A batalla de Iberdrola

As dúas capas de Sermos Galiza.

Chega unha cuarta feira e con ela un novo número do semanario en papel Sermos Galiza, que suma 353 edicións. Xa está dispoñíbel na loxa e a partir da quinta feira, nos quiosques e puntos de venda habituais.

É cuarta feira e con ela chega un novo número do semanario en papel Sermos Galiza. Esta edición número 353 abre cunha reportaxe sobre o conflito que rodea o centro de control do Sil de Iberdrola, que a empresa quere deslocar a Salamanca.

Continuamos cunha sección de opinión protagonizada por María Pilar García Negro e Xavier Queipo. O A ollo un desta semana trata sobre a creación da Academia Galega.

En Sociedade dedicamos unha ampla reportaxe ás variedades de sementes autóctonas e completamos a sección cunha entrevista á investigadora Vanessa Valdiglesias.

En Economía, debruzámonos sobre a temporalidade no sector público e conversamos con Xesús Pastoriza, o responsábel nacional do sector de Transporte da FGAMT-CIG, sobre o convenio de ambulancias.

Unha análise sobre a recta final da lexislatura actual, cun Feixoo que nega desvelar se recunca como candidato á presidencia da Xunta, e un perfil de Jácome, o alcalde de Ourense, compoñen a sección sobre política. En Internacional, analizamos a situacion que vive o Brasil.

Abrimos o Fóra de Serie cunha ampla reportaxe sobre A Galiza máxica, a nova exposición que acolle o Museo do Pobo Galego e continuamos cunha entrevista coa poeta e mariscadora Teresa Ramiro. Ademais, Diana Varela danos a coñecer a súa nova proposta literaria.

Mario Regueira convídanos a ler desta vez Versos viceversos e Andrés Castro analiza o filme Mirai, a miña irmá pequena. Un paseo polas nubes, da man do colectivo XEA, e a crema de feixóns con queixo de cabra como proposta culinaria son outros dos temas que recolle este número, en que tamén escribe Míriam Ferradáns.

Achegamos, ademais, un novo campo de concentración, o de Oia e conversamos con Anxo Raxó sobre “Os Miserables”.

Xa podes adquirir o novo semanario na loxa ou podes facelo nos quiosques e puntos de venda habituais a partir da quinta feira.