Semanario en papel

#Sermos346: A campaña electoral, desde a sala de máquinas

As dúas capas do Sermos Galiza

É cuarta feira e con ela chega á rotativa o semanario en papel Sermos Galiza, que abre cunha reportaxe que permite coñecer desde dentro dos partidos políticos as cuestións que están en xogo nos comicios electorais.

Marcarán as eleccións municipais a fin do dominio popular no mapa municipal galego? Será quen o PSdeG de estirar o resultado propicio do 28A? Certificarase a remontada do Bloque? Cal vai ser o resultado das candidaturas municipalistas, nomeadamente nas cidades onde goberna? Na reportaxe coa que abrimos o número 346 do semanario Sermos Galiza en papel respondemos estas preguntas cos responsábeis da campaña electoral e con dirixentes representativos dalgunhas das diferentes formacións que concorren ao 26 de maio.

 

En Sociedade atendemos ao aumento de sinistros mortais nas estradas galegas e coñecemos de primeira man a campaña de monitorización dos mamíferos mariños.

 

En Economía poñemos o foco na represión da patronal sobre as sindicalistas, mentres que en Política recollemos as valoracións das candidatas e candidatos galegos ás eleccións europeas. Tamén damos a coñecer o mosaico de mareas locais que concorren aos comicios nos concellos galegos.

 

En Internacional o profesor da UDC e membro de Esculca analiza o xuízo do procés cando vén de ser testemuña, como observador, do procedemento xudicial na Audiencia Nacional.

 

Os 20 anos de Mareas vivas abren o Fóra de Serie, en que entrevistamos Dios ke te crew. Ademais, Mario Regueira convídanos a ler Feliz idade, de Olga Novo, e Andrés Castro, a ver Desenterrando Sad Hill.

 

Jasper Nao escribe sobre o regreso de Skacha e sobre os rolos da pianola versa Notas do mar levado, sección que esta semana asina Alejo Amoedo.

 

O colectivo XEA párase nesta ocasión a amosarnos os pequenos bechos que poderemos atopar entre as flores entre a primavera e o verán, mentres que Montse Fajardo reflexiona sobre como afectou a represión franquista a Galiza.

 

As principais novidades do I/O 2019 e as marcas das bestas de Sabucedo son as temáticas das que escriben Iago Varela e Pepe Barro respectivamente. O selfie protagonízao Nel Vidal.

 

En canto á opinión, esta semana contamos coas sinaturas de Luz Darriba e de Mercedes Queixas, e cos cadriños de Nacho Hortas e Tokio. Xoán Costa escribe sobre as siluetas de madeira no A ollo nu deste número.

 

O Sermos Galiza 346 en papel chega acompañado do suplemento da Mesa pola Normalización Lingüística Somos Galego e por un A FONDO especial, de 40 páxinas, cunha ducia de colaboracións sobre Antonio Fraguas. Un monográfico que se reparte de balde co semanario en papel. Podes mercalo xa na loxa e a partir da quinta feira nos quiosques.