Semanario en papel

#Sermos344: As traballadoras pasan á acción!

As dúas capas do número 344 do semanario en papel

Como cada cuarta feira, o semanario en papel Sermos Galiza fica xa preparado para a súa saída á rúa. Sumamos xa 344 números e nesta ocasión chegará ás rúas ateigado de temáticas variadas e todas elas actuais.

O semanario en papel Sermos Galiza chega ao seu número 344. Nesta ocasión, abre cunha análise en relación aos resultados das eleccións xerais. Os comicios, mais desta vez os europeos e os municipais, tamén protagonizan a sección sobre política, na que poderemos coñecer as candidaturas que presentan as diferentes forzas políticas.

 

En Opinión, contamos coas sinaturas de David Otero e de Marga do Val. Unha sección que completan os cadriños de Tokio e Nacho Hortas e mais de “A ollo nu”, en que Xoán Costa dá conta da viaxe de Alexander von Humboldt á Coruña.

 

En Sociedade, informamos sobre as pragas que afectan o campo galego e que prexudican seriamente o piñeiro, a pataca, os cítricos e o kiwi. Obrigan á corta de exemplares e limitan a súa produción e comercialización. Ademais, publicamos unha reportaxe sobre a base de datos das mil persoas vítimas da represión franquista en Ferrol.

 

En relación á sección de economía, centrámonos no traballo para debullarmos os actos que decorreron nas distintas cidades con motivo do Primeiro de Maio e informamos sobre os conflitos laborais que xiran ao redor do sector do transporte, un dos fulcrais da Galiza.

 

Internacional dedicámosllo á última información sobre Venezuela, após o último intento de golpe de Estado por parte da oposición.

 

Fóra de Serie abre nesta ocasión cunha reportaxe sobre os 40 anos de Xacarandaina, asociación coruñesa que representa todo un museo vivo da música e do baile e continúa cunha ampla entrevista coa angolana Aline Françao. As críticas literaria e de cinema dedícanse, respectivamente, a Unha pantasma branca, de Fina Casalderrey, e a Un asunto de familia.

 

Ademais, esta semana a crítica de literatura infantil e xuvenil Montse Pena Presas danos a coñecer O mundo en que vivín, de Ilse Losa e Xoán Costa preséntanos a Odete Semedo en Das africanas praias. O Verdugo é o lugar ao que nos leva o colectivo XEA. O selfie dedicámosllo a Miguel Grandío, de Sesións Destelo.

 

Neste número contamos coas columnas de Pepe Barro, que escribe sobre deseño, e de Xulio Carballo, que aborda cada mes a banda deseñada en galego. Fechamos o número cunha nova entrega de Galiza no mapa, que nesta ocasión amosa a cartografía de Saint Sever.

 

Podes comprar o semanario en papel na seguinte ligazón ou ben facelo a partir da quinta feira nos quiosques e puntos de venda habituais.