#Sermos327: residencias que non chegan

A privada a entrar no servizo das residencias para persoas maiores, os desafíos da política galega para 2019, a sanidade ábrelle unha vía a Feixoo, como Madrid zuga no mercado laboral galego… Todo isto e moito máis xa na nosa loxa.

O avellentamento da poboación é unha das características socioeconómicas máis relevantes e preocupantes para o país. En ningún outro territorio do Estado, exceptuando as dúas Castelas –aínda que non chega aos niveis que marcan os indicadores galegos–, existe máis poboación maior de 65 anos e, aínda máis, cunha perspectiva de seguir medrando na vindeira década. Con motivo da campaña que vén de iniciar a CIG para reclamarlle á Xunta melloras na atención á dependencia, poñemos o foco na falta de residencias públicas. 'Residencias, un déficit gorentoso para a iniciativa privada'

 

‘Facer da espada unha arte’ As vellas artes de Marte sobreviviron o paso á modernidade en escuros códices, en manuscritos medio esquecidos. Grupos de persoas dedícanse a reconstruílas como exercicio de historia e práctica física. Entre eles atópase Arte do Combate que, promovido por Diniz Cabreira en Compostela, bucea no Kunst des Fechtens, con orixe na Centroeuropa do Sacro Imperio Romano e base no texto do século XIV ‘Há uma única arte da espada’.

Tito Represas, propietario da casa de turismo rural ‘A Cantaruxa Maruxa’ de Mondariz que participa no Plan Revitaliza da Deputación pontevedresa. "Para nós a compostaxe é un plus de calidade".

 

‘Os desafíos da política galega para 2019’. 2019, ano de eleccións. Municipais e europeas aseguradas no calendario e sen desbotar un adianto dos comicios xerais. Mais o ano que vén vai ter retos e desafíos máis aló dos simplemente electorais. Dalgúns deles fálannos desde as diferentes organizacións.

 

‘A sanidade ábrelle unha vía a Feixoo’ Dez anos de retalladas e reorganización neoliberal da sanidade pública estálanlle a Feixóo. Dimisións de xefes de servizo, protestas continuadas nos PAC ou unha oposición que non acepta o rolo do PP no Parlamento de Galiza así o certifican.

 

Nas vésperas do Consello de Ministras que o gabinete Sánchez vai realizar en Barcelona o 21 de decembro, comezan a se desatar abertamente as hostilidades no PSOE. A derrota en Andalucía é interpretada de maneira radicalmente distinta polas faccións en disputa do poder orgánico. No fondo, Catalunya. ‘O taboleiro catalán tensa as costuras do PSOE’.

‘O SNP sobrevoa os titubeos de Corbyn’ O inconcibíbel no Estado español, unha acción conxunta entre independentistas e unionistas, tomou carta de natureza en Westminster co acordo entre o SNP, o Plaid Cymru, os Lib Dem e os Verdes de Inglaterra e Gales para censurar o goberno de May. A xogada pon ao nú as vacilacións de Jeremy Corbyn.

 

O éxodo de galegas e galegos para ocuparse noutros territorios do Estado medra con forza, sobre todo cara á capital española. ‘Madrid zuga na canteira laboral galega’.

 

‘Douscentos empregos menos en Navantia Ferrol’. Os estaleiros prexubilarán 900 persoas até 2022.

 

De autor descoñecido e datado no século XIII, o mapa de Ebsfort apenas dedica un lugar subsidiario á Península Ibérica. Esa desatención contrasta co espazo dedicado a Galiza, designada na cartografía como Gallicia regio, isto é reino de Galiza, así como as dúas cidades máis importantes, Santiago de Compostela, asociada á súa grandiosa catedral, e Brigantia, ligado ao seu faro, enclave chave das relacións marítimas galego británicas. ‘Galiza nun mapa saxón do século XIII’.

A escritora Emma Pedreira e o escritor Héitor Picallo resgatan para Sermos Galiza a historia do pergameo de Fradegunda, que cumpriu 1.120 anos e que tras un periplo polo país foi parar ao Arquivo Histórico Universitario de Compostela.

 

E non faltan as achegas e colaboración de Xoán Costa, Marilar Alerixandre, Machortas e Tokio, Guillerme Vázquez, Rosa Conde, Iria Veiga, Mercedes Espiño, Colectivo Xea, Mario Regueira, Andrés Castro, Manuel Xestoso, Iolanda Gomis.

 

Afondo: O retorno a Rosalía

 

Que se dicía de Rosalía de Castro, mesmo nos ámbitos académicos, antes das pesquisas de Francisco Rodríguez e que se di na actualidade? Non se pode negar que o seu primeiro grande estudo da autora, a Análise sociolóxica da obra de Rosalia de Castro, publicado en 1988 (e ampliado en 2011, como Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria) é un punto de inflexión. Festexamos tres décadas de camiño.

 

A traxedia do Alvia: de Angrois a Bruxelas

Ás 21:41 horas do 24 de xullo de 2013 o tren Alvia 04155 que facía a ruta Madrid-Ferrol descarrilaba na curva da Grandeira, en Angrois, no termo municipal de Santiago de Compostela. A magnitude do accidente levou por diante a vida de 80 persoas das 218 que nese momento viaxaban no tren. Outras 144 resultaron feridas, algunhas ficando para sempre con secuelas moi graves. A traxedia de Angrois foi o maior accidente ferroviario acontecido na historia da Galiza e deixou ao descuberto e dunha maneira cruenta as deficiencias en materia ferroviaria que padecemos. Após cinco anos do accidente, as responsabilidades políticas polo acontecido seguen sen asumirse.