#sermos303: Por uns medios públicos libres

Protesto das traballadoras e traballadores da CRTVG

Explicamos como se manipula na CRTVG, entrevistamos o alcalde de Pontevedra, Fernández Lores; o grafista Pepe Barro conversa co escultor Pepe Galán, a memoria da terra queimada ás portas da campaña de incendios… Todo isto e máis xa neste número do semanario, que podes ver na nosa loxa.

“Técnica da compensación” para amolecer o impacto das noticias sobre corrupción. Inflacción de voces dun mesmo signo político. Modificación unilateral das informacións. Marxinación nas escaletas de asuntos contrarios a determinado partido. Inestabilidade laboral das e dos xornalistas que cobren “temas delicados”. Eis as formas de adulterar a materia informativa nos medios públicos de comunicación. ‘Así se manipula na CRTVG’.

 

‘Estudar os lumes do pasado para evitar os do futuro’. Os incendios forestais do pasado outubro marcaron un punto de inflexión. A magnitude e as consecuencias dos lumes evidenciaron a necesidade de novas estratexias para afrontar un dos principais problemas ambientais do país. Baixo esta premisa, a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra levan meses traballando nun proxecto que busca estabelecer as liñas mestras da política forestal, da ordenación do territorio e da extinción de incendios, que permita evitar ou mitigar episodios similares no futuro.

‘Ti non es de aquí?’ é, na actualidade, un dos escasos xogos de mesa en galego dispoñíbeis no mercado. Obra de O Zoco Gz, procura un lecer que non estea rifado coa cultura e a aprendizaxe sobre a historia e a realidade de Galiza. Un xogo de mesa para aprender sobre o país. Un xogo de mesa para aprender sobre o país 

 

A Valedora do Pobo, Milagros Otero, está na corda bamba. As apostas na súa demisión ou renuncia cotizan alto após o TSXG considerase probado que “enchufou” a irmá de Pedro Puy, portavoz parlamentar do PP. O Partido Popular semella disposto a deixala caer, desta vez si. Otero foi albo de non poucas críticas nos seus apenas tres anos de mandato. ‘A Valedora na corda bamba’.

 

“O mellor está por vir en Pontevedra”, confesa o alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, na entrevista con María Obelleiro. Miguel Anxo Fernández Lores (Vilalonga, 1954) leva como rexedor desde 1999. Lonxe de estar canso, transmite ilusión e optimismo por seguir erixindo Pontevedra como referencia internacional.

 

‘Donbass, a guerra silenciada’. O jornalista e colaborador de Sermos Galiza Bruno Carvalho deslocou-se até o Donbass, a zona em conflito ao Leste de Ucrânia. Lá recolheu em primeira pessoa a realidade latente nas ruas duma guerra inda latente.

 

O 53% das e dos mexicanos apostaron nun pronunciado xiro á esquerda nas eleccións presidenciais. A vitoria de AMLO, que se converte no presidente con maior apoio popular en toda a historia democrática, abre grandes expectativas nun país desesperado pola corrupción, a violencia, a desigualdade e a pobreza. ‘A vitoria de AMLO abre un tempo novo en México’.

 

A crise redibuxou o mapa das clases sociais na Galiza e fíxoo cun pincel que cargou os tons na fenda social. Case 72% da poboación galega encádrase actualmente no arco que abrangue a clase media baixa ou en situación de pobreza, segundo o estudio da Fundación Areces e o Instituto de investigacións económicas. ‘Galiza ten clase’

 

A ledicia da infancia foille roubada a Rosaluz Reboiro Veiga. De feito, na escola chamábanlle a chorona, porque as bágoas acudían aos seus ollos con moita facilidade desde a detención de seu pai, Antonio Reboiro. Ela mantén acesa a esperanza de recuperar os restos do pai. ‘Rosaluz Reboiro, a meniña das zapatillas roxas’.

 

O grafista Pepe Barro conversa co escultor Pepe Galán, que nos próximos días inaugura A volta dunha ausencia no Museo de Lugo. “Coa madurez tomas máis riscos”.

 

Na sección A Galiza ignorada abordamos esta semana o reinado de Witiza, que nos fornece as chaves para comprender aquel tempo histórico. O mosteiro de San Pedro de Rocas, fundado no século VI, é un resto vixente dese período.

 

Non faltan as achegas e colaboracións de Xoán Costa, Marilar Aleixandre, Mario Rehueira, Rosana Pérez, Nachortas, Tokio, Andrés Castro.