#sermos298: a ameaza do sector eólico

Alto de Vilares_Ribeira de Piquín_Eólico

Xa está o novo número do semanario Sermos Galiza: entrevistamos Andrés Goteira, director de ‘Doghs’, e Paco González Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas; abordamos a manobras ‘políticas’ na Radio Galega, achegámomos ás novas loitas das traballadoras no seo de Inditex… Todo isto, e máis, xa na nosa loxa.

‘Ordes levántase fronte aos plans eólicos’ Green Capital Power, relacionada co xenro de Florentino Pérez e con capital saudita, atópase detrás do parque. A exposición pública do proxecto para instalar o parque eólico Ardemil, entre Ordes e Mesía, espertou as primeiras sospeitas veciñais o pasado marzo. As semanas seguintes ampliaron o foco de impacto e con el a contestación social, tras coñecerse novas instalacións de aeroxeradores na zona.

 

‘Pedro Madruga: a loita por una Galiza arredada de Castela’ Pedro Álvarez de Soutomaior simboliza a rebeldía con máis posibilidades de éxito naquel tempo político.

"As axudas deben repartirse cunhas normais iguais e transparentes" O Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza ostenta, por lei, a representación oficial da profesión no país. Falamos co seu decano sobre o espiñento tema das subvencións aos medios. Paco González Sarria opina que as axudas non teñen por que ser perniciosas pero co sistema actual interfiren nas liñas editoriais. O locutor ourensán constata que a Xunta non ten ganas de lexislar sobre a publicidade, como prometeu hai oito anos.

 

Desde os 80, os gobernos municipais organizáronse cada vez máis como se fosen unha empresa. Os servizos públicos prestáronse baixo a lóxica do beneficio ou unha suposta eficiencia en termos económicos que relegaba o interese público ou o social a un segundo ou terceiro plano. ‘A batalla para recuperar a xestión pública dos bens’.

 

‘A radio pública despreza o local a un ano das eleccións’ A radio pública anunciou a supresión das desconexións locais e a eliminación do formato emblemático do Diario Cultural. As traballadoras amosan un crecente malestar e a súa representación clama polo desenvolvemento da lei vixente.

 

‘Nicaragua retoma o diálogo en medio da violencia’ A vaga de protestos iniciada o 18 de abril continúa a sacudir o país. ‘Rebelión nas tendas de Inditex’. O persoal das tendas de Inditex, área que concentra a gran maioría das persoas traballadoras do grupo, comeza a se mover para facer fronte á temporalidade e eventualidade, á fenda salarial ou mesmo á contratación fraudulenta. A espita aberta pola greve das 63 traballadoras de Bershka en Pontevedra continúa manar.

 

Un percorrido por algúns dos polígonos industriais de Galiza deixa na persoa visitante unha imaxe preocupante: milleiros de metros cadrados baleiros, naves a medio construír e empresas que foron botando o feche por mor da crise. Porén, a Xunta segue promovendo o desenvolvemento de parques baseándose nunha demanda de chan discreta. ‘Un baldío industrial’.

Desde hai unhas semanas, nas carteleiras dos cinemas galegos hai un intruso. Chámase Dhogs. É un filme violento, en cru. Cruza xéneros populares –ciencia ficción, western, thriller– e, por intres, arrímase ao onirismo dos mundos de David Lynch. Está rodado en galego.  Pasou por algúns dos festivais de máis prestixio e arrasou –literalmente: bateu marcas– nos Mestre Mateo. Pero a obra naceu nunha pequena vila do oriente galego: Meira. Alí naceu, en 1983, o seu director, Andrés Goteira, quen conta esta singular viaxe, das curtametraxes amadoras ás pantallas comerciais:”En Doghs quixen arriscar ao máximo, pensaba que ía ser o meu único filme’.

 

‘A do boi, en Allariz, una festa auténtica’. A celebración, declarada de Interese Turístico galego, culminará o próximo domingo após dez días de carreiras, música e historia. Trátase dunha festa feita por e para a veciñanza, desde abaixo e non a golpe de talonario. Por algo é a máis arraigada entre as xentes que viven en Allariz

 

E non faltan as achegas e colaboacóns de Xoán Costa, Luz Darriba, Francisco Castro, Mercedes Queixas, Tokio e Nachortas, Mercedes Espiño, Colectivo Xea, Mario Regueira, Andrés Castro, Iolanda Gomis.