#Sermos295: Un país autosufiente

Máis un número saído do forno. A reforma do sistema de financiamento autonómico, como ven desde Madrid as aspiracións de Feixóo de suceder a Raxoi, os escravos galegos do franquismo, lembramos a Moncho Valcarce no 25 aniversario do seu pasamento… Todo isto e máis xa na nosa loxa.

‘Outro modelo fiscal’ O sistema de financiamento autonómico leva catro anos prorrogado. A idea inicial de revisalo cada lustro mantívose até o ano 2009, data en que se aprobaron as últimas bases dun modelo que, en esencia, botou a andar en 1987 e que, de se cumpriren os prazos, debeu renegociarse en 2014, sen éxito.

 

A legalización do traballo escravo tomou corpo en outono de 1938, coa posta en marcha do chamado sistema de Redención de Penas polo Traballo, unha iniciativa que se concretaría en diversas modalidades de traballos forzados. Sinaláronse na Galiza tres figuras: os Batallóns Disciplinarios de Traballadores, a explotación de man de obra procedente dos destacamentos penais e mais os chamados destinos. ‘Os escravos de Franco na Galiza’.

 

‘No limbo dos servizos de dependencia’. O número de persoas dependentes medra ano a ano na Galiza, mentres que as proxeccións futuras asociadas ao avellentamento da poboación prevén un incremento progresivo das persoas que precisan destes coidados. E malia rexistrarse un maior número de beneficiarias, as listas de espera continúan a superar os recursos dispoñíbeis.

‘Feixóo, a derradeira baza do PP?’ Para importantes sectores do conservadorismo español, Alberto Núñez Feixóo representa a última esperanza. Cun PP ao que moitos analistas consideran en fase implosiva e a nova dereita dura de Ciudadanos á alza, o aínda presidente da Xunta intensifica a súa tendencia a se deixar ver en Madrid. A estrondosa caída de Cristina Cifuentes parece despexarlle o camiño. Xornalistas e opinadores radicados na capital do Reino de España expoñen as súas consideracións sobre o relevo no partido de Raxoi.

 

 

Hai un abandono das políticas de vivenda polos gobernos de Núñez Feixóo? A oposición así o entende e non só ela. Un alicerce chave na sociedade, como é o da planificación e desenvolvemento de políticas públicas de vivenda, está na Galiza reducida ao mínimo. ‘A vivenda, sen goberno’.

 

 

O xornalista e profesor da USC Manuel Gago e o médico e membro da lataforma pola sanidade Pública Manuel G. Moreira falan sobre que expectativas teñen para O Diario galego.

 

‘Lula reafírmase como candidato presidencial’ Seis de cada dez brasileiras e brasileiros defenden o dereito do expresidente a se volver candidatar a pesar de ficar na prisión. Lula, que fai un mes privado de liberdade, lidera todos os inquéritos e aproxímase a un 30% de apoios. O Tribunal Supremo Federal resolverá nos próximos días se debe abandonar ou non o cárcere.

 

Están en sectores cun volume de negocio de miles de millóns na Galiza e teñen presenza en actividades con miles de persoas empregadas. Os fondos de investimento e capital viñeron para ficar. ‘Os grandes fondos poñen o ollo na Galiza’.

 

As achegas do principal estudoso da economía galega no primeiro terzo do século XX. ‘Lois Peña Novo e o soño do desenvolvemento (e II)’.

“O teatro ensina a ponerse no papel dos demais”. Entrevistamos Tareixa Campo (Val do Mao, O Incio, 1946). Dramaturga, actriz, pedagoga, fundadora da compañía clásica do teatro afeccionado Achádego.

 

O doutor en Teoloxía pola Universidade de Salamanca e en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela Victorino Pérez Prieto recupera para Sermos Galiza o perfil de Moncho Valcarce (1935-1993) no ano en que se conmemora o 25 aniversario do falecemento do coñecido como “crego das Encrobas”. Nas próximas semanas seguirán a sucederse actos de lembranza da figura de Valcarce. ‘Un militante, un profeta, un cura, un místico’.

 

E non faltan as achegas e colaboracións de Xoán Costa, Marilar Aleixandre, Nachortas, Tokio, Guillerme Vázquez, Xulio Carballo, Belem Tajes, Colectivo XEa, Mario Regueira, Andrés Castro, Mónica Pazos, Olalla Ledo e Pepe Barro.