#Sermos282: Galiza, potencia oliveira

[Imaxe: AEMO] Oliveiras

Máis un número na rúa: entrevistamos Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Silvia Longueira, directora da Fundación Seoane; debullamos as contas irregulares de Rey Varela , contamos como foi a presentación pública de ‘O Diario galego?... todo isto e máis, xa na nosa loxa.

‘Rey Varela e as contratas nulas de 3,3 millóns’. O Consello de Contas atopou numerosas irregularidades en ducias de contratos durante o período en que o hoxe conselleiro de Política Social era alcalde de Ferrol. En declaracións a Sermos, o político defende o seu labor e deixa a porta aberta a presentarse de novo á alcaldía.

 

Integrantes do grupo impulsor, representantes de organizacións e entidades do tecido económico, social, cultural e político do país asistiron ao acto de presentación das liñas básicas do proxecto, un xornal diario que Sermos Galiza proxecta lanzar en 2019. ‘O Diario Galego dá o primeiro paso’.

Entrevistamos Carmela Silva (Vigo, 1960) “A maioría das obras en marcha da época Louzán tiñan gravísimas irregularidades”, asegura. Galiza carece dunha acción exterior merecente de tal nome. ‘Un país sen política internacional’. Máis un xiro na política catalá. Inesperada e de última hora, a decisión do presidente do Parlament, Roger Torrent, de adiar o pleno de investidura de Carles Puigdemont fai aflorar a división de pareceres no seo do independentismo. A pausa parlamentaria tenciona sortear a chantaxe imposta polo Goberno español a través do Tribunal Constitucional e visa a necesidade dun acordo de fondo na bancada soberanista.

 

O proceso xudicial e mediático contra o líder do PT tenciona impedir unha vitoria da esquerda nas presidenciais. ‘Condenar Lula é eliminar a única alternativa’.

 

O pasado ano continuou a caída de poboación en todo o país mentres aumentaron o número de lugares non poboados. Son máis de tres mil aldeas e agrupacións de vivendas en Galiza. ‘A ameaza do despoboamento avanza sobre o rural’.

 

Ábrese a posibilidade de producir aceites de oliva únicos no mundo, cultivados no país e comercializados baixo unha denominación de orixe. O renacer das oliveiras galegas’.

 

“Hai una parte de ‘Trece estampas’ que estamos revivindo” dinos Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane, que entrevistamos neste número.

Hai 50 anos que Lalín decidiu dedicar o domingo anterior ao Entroido a exaltar o cocido. A feira bateu marca de visitantes o ano pasado. Mais a vila do Deza e a súa bisbarra agachan outras atraccións para as que a celebración do cocido serve de embaixadora. ‘Lalín máis alá do cocido’.

 

Ademais, as achegas e colaboracións de Xoán Costa, Luz Darriba, Mercedes Queixas, Tokio e Nachortas, Francisco Castro, Mario Regueira, Andrés Castro, Iolanda Gomis, Colectivo Xea..