#sermos281: da Xunta á empresa, as portas xiratorias do PP galego

Máis un número do semanario saído do prelo. Entrevistamos Jorge Suárez, alcalde de Ferrol, e Margarita Ledo, premio Otero Pedrayo. Mergullámonos na acampada polas persoas sen fogar, no sector lácteo, na riqueza das fortunas galegas... todo isto e máis, xa na nosa loxa.

‘As portas xiratorias seguen a funcionar para o PP galego’. As portas xiratorias son un dos asuntos máis escabrosos da política. A falta de regulación permite que políticas e políticos sentados nun despacho público pasen a dirixir empresas, facendo negocios mesmo en sectores que dependen moito das decisión gobernamentais. Relatamos o paso da vida pública ao empresariado de Carlos del Álamo, Agustín Hernández, Fernández de Mesa e Maria Luisa Brandt.

 

Once meses durmindo na porta do consistorio vigués para denunciar a falta de alternativas habitacionais e as carencias dos servizos sociais. E once meses esperando para ser recibidos polo alcalde da cidade, Abel Caballero, que se nega a escoitar as demandas do colectivo. ‘Once meses de acampada polas persoas sen fogar’.

‘Unha universidade clasista e ao servizo do mercado’. O Plan Boloña supuxo unha aceleración na privatización dos estudos públicos.

 

Entrevistamos o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez. “Parece que Feijóo deu Ferrol por perdida”, afirma.

 

‘Baixo a superficie da paz láctea’. Os tractores desapareceron do foco mediático. E con esa desaparición os problemas do agro, especialmente os que afectan o sector lácteo, pasaron a segundo plano. A Xunta presume de “estabilidade” e de “evolución positiva dos prezos”. Os produtores, porén, alertan da fraxilidade da situación. E os partidos opositores lamentan a ausencia de alternativas. Segundo os últimos dados dispoñíbeis, en 2017 desapareceron 424 explotacións leiteiras. “Somos os últimos no prezo do leite e os primeiros no número de feches”, denuncia a Federación Rural Galega (Fruga).

 

Entrevistamos Caridade Valcourt,  activista feminista haitiana que traballa con organizacións locais de mulleres haitianas ao redor do liderado feminino ou da integración de conceptos de dereitos humanos e das mulleres.

 

A ofensiva militar de Ankara, rexeitada polo Goberno sirio, quere expulsar as milicias curdas, aliadas de Washington, da súa frontera. ‘Agrávase a tensión entre os EUA e Turquía’.

 

As grandes fortunas declaran 2.000 millóns de euros máis en apenas un ano. ‘Esa Galiza que é cada vez máis rica’.

O persoal forzou a intervención do Goberno galego despois de meses de mobilizacións nos que conseguiron reunir o apoio unánime de forzas políticas e dos concellos afectados. A empresa quere levar acabo un novo ERE, o oitavo en menos dunha década. ‘Maderas Iglesias, en mans da Xunta’.

 

Jásper Nao estrea sección e danos una primeira entrega dos textos sobre música galega contemporánea.

 

Entrevistamos Margarita Ledo, a primeira muller que gaña o premio Otero Pedrayo, convocado pola Xunta e as catro deputacións –de maneira rotatoria–. “Galiza é unpaís subexporto, moi censurado”.

 

Continuamos este 2018 coa sección “A Galiza ignorada”, de periodicidade mensal, que creamos o pasado ano para divulgar a nosa historia á marxe de visións estereotipadas e interesadas. Nesta primeira entrega, Cilia Torna centrarase en Galiza durante a Alta Idade Media.

 

E non faltan as achegas e colaboracións. De Xoán Costa, Pilar García Negro, Xabier Queipo, Nachortas e Tokio, Iago Varela, Mario Regeuria, Andrés Castro, Julián Bustelo, Colectivo Xea, Polaroid, Pepe Barro, Olaia Ledo.