#sermos216: volta a heroína

Máis un semanario saído do prelo: deslocalización da automoción, o PSOE prepara o apoio a Rajoy, Carballo epicentro do teatro, galegas e musulmanas... todo isto e máis, xa na nosa loxa

Numerosas voces coinciden en sinalar o retorno da droga ás rúas da Galiza, onde deixou no pasado milleiros de vítimas mortais. Unha maior oferta no mercado e unha menor percepción do seu risco, entre os factores que explicarían o aumento de casos. Repunta o seu consumo? É a cuestión que debullamos no Tema de Primeira baixo o título 'O retorno silencioso da heroína'. Ademais, da alerta sobre o incremento desta droga, falamos tamén das conexións galegas coas mafias da heroína.

Deitamos unha ollada sobre as mulleres que levan velo no noso país en 'Galegas, musulmás e procedentes do Magreb'. A vestimenta das musulmás non é moi diferente da das nosas avoas e desaparecerá cando elas queiran. Algo parecido pasou aquí cos panos na cabeza e os baños na praia, con saia longa. En Occidente discútese o veo, o que está máis á vista e resulta fácil prohibir. Os verdadeiros problemas das mulleres musulmás, algunhas con nacionalidade española, son máis profundos, segundo salienta a autora nesta información, que recolle unha experiencia con mulleres musulmás que viven na Galiza.

A firma de contact center Extel vén de comunicar aos representantes dos traballadores e das traballadoras que o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de extinción da compañía afectará a 355 traballadores do total de case 3.000 que ten no Estado español. A maior parte desas baixas, 205, corresponde ao centro da Coruña. 'O galego e os postos de traballo`.

O PSOE, contra si propio

En 2008, o PSOE obtivo nas eleccións xerais 11,2 millóns de votos, o 43,87 por cento das papeletas. En 2016, após colleitar apenas 5,4 millóns de sufraxios, o 22,67 por cento, o PSOE olla implorante a Rajoy para que este non decida ir a terceiras eleccións. O novo aparato do PSOE prepárase para colaborar na investidura do candidato do PP. Falamos disto en 'O PSOE, contra si propio'.

'O BNG anuncia unha oposición “seria” e “de ideas”. Sen caír na autocompracencia, mais o Consello Nacional BNG avalía como positivos os resultados do 25S e fixa como tarefa política próxima “ampliar o proxecto” da formación soberanista.

A maioría soberanista no Parlamento de Catalunya confirma Carles Puigdemont como president, comprometendo a realización dun referendo sobre a independencia en setembro do ano próximo. JpS e CUP están dispostas a buscar acordo para sacar adiante os orzamentos, que ao non seren aprobados en xuño provocaron a cuestión de confianza. 'O soberanismo apuntala o govern ao garantir que haberá referendo'

'O plebiscito atranca a paz en Colombia'. O referendo tomba por apenas 53 mil votos o plan de paz pactado entre o goberno de Juan Manuel Santos e as FARC-EP. As partes, porén, amósanse dispostas a procurar unha solución definitiva ao conflito mantendo o cesaro-fogo permanente. A ultradereita de Uribe logra unha importante vitoria política.

Pasar a 'raia'

Máis dunha trintena de auxiliares da automoción cambiaron nestes anos Galiza por Portugal, presionadas a reducir custos polo seu todopoderoso cliente, o Grupo PSA. Unha rama chave da economía galega como é a auxiliar de automoción está a se deslocalizar a pasos de xigante cara a Portugal e comeza tamén facelo cara a Marrocos. 'A automoción galega salta a “raia”. En Análise falamos das relacións entre produtores, industrias e distribución.

O Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT) de Carballo conmemora as vodas de prata coas últimas propostas escénicas e coa comedia como protagonista. 'Carballo, epicentro do teatro'.

E non falta a sección Fóra de Serie, con consellos, achegas e propostas. En 'andar e ver' co colectivo Xea lévanos 'De Arteixo a Barrañán'. Dunas, cantís e praias espérannos nesta visita. Non falta a banda deseñada de Alfonso Barreiro. Na contra-capa, falamos das 'danzas brancas' en Galiza e no selfie, Hadriana Ordóñez, impulsora da iniciativa de recompilación de arrolos en Rianxo.

E, ademais, neste número non faltan as firmas de David Otero, Marga do Val, a crítica literaria de Mario Regueira, a de cinema de Andrés Castro, a columna de Uxío Breogán Diéguez e a colaboración de Xurxo Souto.

O número 216 do semanario Sermos Galzia xa está na nosa loxa.