Un artigo de Manuel Veiga, a peza máis lida do ano

Sermos supera os 5 millóns de páxinas vistas en 2016

FB de Sermos

Sermos Galiza superou o limiar dos 5 millóns de páxinas vistas, segundo Google Analytics, e no conxunto das redes continúa a ser o dixital líder.

2016 foi un bon ano para Sermos Galiza, que mantén a súa liña ascendente como mostra a súa penetración nas redes sociais.

O dixital fechou o exercicio con 5.170.698 páxinas vistas, para un total de 571.884 usuarias e usuarios únicos. A percentaxe de novas sesións -de persoas que accedían a Sermos por vez primeira- acadou o 30,55 por cento. Unha visita promedio en SermosGaliza.gal dura 9 minutos e 4 segundos.

As tres pezas con máis leituras do ano foron o artigo de Manuel Veiga Por que Votei PP, con 22.588 leitoras e leitores, a información sobre a morte do músico Fran Pérez Narf, con 15.888, e o recente artigo sobre Pardo de Cela, con 14.769.

No conxunto das redes (a suma de seguidoras de Facebook e Twitter), Sermos continúa a liderar os dixitais galegos que non son a réplica dunha publicación diaria impresa, cun total de 39.395 amigas e amigos (21.896 en Facebook e 17.499 en twitter).