Sermos Galiza adianta a saída do número 267

[Imaxe de arquivo]

O número 267 do semanario Sermos Galiza estará nos quiosques esta cuarta feira, en lugar da quinta, como é habitual, debido ao feirado do 12 de outubro. Así, adiantamos a edición para evitar atrasos na chegada da publicación ás subscritoras e subscritores.

O semanario Sermos Galiza, que suma 267 números, estará dispoñíbel na loxa a partir do serán desta terza feira e nos quiosques a partir da cuarta feira (11-O). Adiantamos a súa publicación para evitar atrasos na súa distribución ás subscritoras e subscritores por ser non laborábel o 12 de outubro.

 

Neste número, afondamos nos mecanismos e resultados dos orzamentos participativos que desenvolven concellos galegos; nos recortes na liberdade de expresión vinculados ao caso catalán; nos resultados das eleccións primarias do PSdeG; nas licitacións da Xunta das que se nutren empresas de fóra da Galiza ou na participación feminina no mercado de traballo. Acompaña o Sermos 267 o caderno de pensamento Comprendermos, suplemento da Fundación Moncho Reboiras.