'Marcha atrás' do Sergas: revisa a súa guía na que contempla o 'coito interrompido' como anticonceptivo

sergas guia anticonceptiva

Toda a oposición solicitou a retirada do folleto e até o portavoz parlamentar do PP considera razonábel que se retire.

‘Texto en revisión’. Eis o que aparece agora no apartado da web do Servizo Galego de Saúde, Sergas, onde antes se podía descargar ‘O método anticonceptivo’, un folleto  no que se explican e divulgan diferentes métodos e medidas para non ficar embarazada, entre eles a ‘marcha atrás’. Un método, o ‘coito interrompido’ (marcha atrás)’, do que se di que ten unha eficacia de “73 a 96”.

 

Toda a oposición (En Marea, PSdeG e BNG) pediron a retirada do folleto. A Marea Feminista (En Marea) considera insultante, irresponsábel e neglixente esta guía; O Bloque cualifica de “anacrónico e totalmente irresponsábel” que desde a administración pública se recomende este método, “cando está demostrado que non é eficaz nin como método anticonceptivo, nin como método para evitar contaxios de doenzas de transmisión sexual”. O PSdeG instou a Consellería de sanidade a rectificar “canto antes. Até Pedro Puy, portavoz parlamentar do PP; manifestou que lle parecía razonábel a petición de que se retirase ese folleto.

 

A guía xerou un forte protesto nas redes sociais após que contas como a de @pilaraymara ou @echeoquehai denunciasen os contidos do mesmo.