O Sergas retomará esta semana a vacinación a domicilio coas 8.350 doses de Janssen

Unha profesional sanitaria coas vacinas. (Foto: César Arxina / Europa Press)

As doses chegan esta cuarta feira.

Galiza retomará de forma inmediata a previsión de vacinar a domicilio aos grandes dependentes coas 8.350 doses de Janssen que van chegar esta mesma cuartafeira chegan, despois da paralización da subministración da semana do 13 de abril.

A previsión é que esta semana, coas doses recibidas de  Pfizter e as que se inacularán entre onte e hoxe, o 96%das doses fornecidas a Galiza, que xa superan o millón, estean subministradas.

Os últimos datos facilitados na rolda de prensa do comité clínico polo conselleiro de  Sanidade, Julio García  Comesaña, revelan que hai en Galiza máis de 232.000 pacientes coa pauta completa -estes datos quedarán reflectidos no informe do Ministerio de Sanidade - e 449.742 cunha soa dose, polo que case 682.000 galegos recibiron polo menos unha vacina.

Hai en Galiza máis de 232.000 pacientes coa pauta completa e 449.742 cunha soa dose, polo que case 682.000 galegos recibiron polo menos unha vacina

Un dos aspectos da vacinación pendentes de resolver é o que ocorrerá coas persoas pendentes de recibir a segunda dose de  Astrazeneca, é dicir, aqueles menores de 60 anos que recibiron esta fórmula antes de que se suspendese para a administración neste colectivo de idade.

Respecto diso pronunciouse en declaracións aos medios o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, quen urxiu unha decisión sobre a administración desta vacina no seo do Consello Interterritorial, debido a que a principios de maio hai que empezar coa segunda parte da pauta.

Indicou que os especialistas galegos en vacinación, a "información" que ofrecen á Xunta é que "apostan pola segunda dose" da británica, pero hai que esperar "a ver se se confirma polas autoridades europeas".

Con independencia de cal sexa a vacina que corresponda, o comité clínico fixo hoxe un novo chamamento a acudir ás citas.

O doutor Tato Vázquez-Lima, que participa no grupo asesor sobre a evolución da pandemia, comentou que é recomendábel recibir a medicina posto que “o risco trombótico é mínimo comparado co risco trombótico pola Covid-19”.

“Canto antes estea a poboación vacinada, antes se poderá recuperar esa nova normalidade que todos agardamos”, resumiu.