O Sergas realizará PCR a 150 traballadores tras seis positivos nun brote en Castro de Rei

(Europa Press).

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prevé realizar este mércores probas a por volta de 150 traballadores e traballadoras en relación co foco de Covid-19 con seis casos no municipio de Castro de Rei. Así o informaron fontes da área sanitaria de Lugo, que ratificaron que até a tarde desta terza feira detectáronse seis positivos e medio cento de persoas estaban en corentena.

Desde esta cuarta feira o Sergas vai facer as probas a "todos os traballadores da empresa", ratificaron as mesmas fontes, "uns 150 máis" dos que xa se fixeron até a data.

O cribado estenderase, deste xeito, a toda a empresa, sexan ou non contactos dos positivos "para garantir a seguridade", subliñaron as mesmas fontes.