O Sergas fixa para a última fin de semana de febreiro a OPE con 254 prazas de médico de familia e 93 pediatras de AP

O Servizo Galego de Saúde fixou para a fin de semana do 29 de febreiro (sábado) e 1 de marzo (domingo) os exames de Oferta de Emprego Público (OPE) que inclúen os 254 postos de médico de familia. e 93 de pediatras de Atención Primaria (AP).

Convócanse probas para persoal de enfermaría especializado en enfermaría obstétrico-xinecolóxica e as categorías de técnico auxiliar de coidados de enfermaría - quendas de acceso libre, promoción interna, discapacidade xeral e discapacidade intelectual.

Nesa fin de semana, subliña o Sergas, ofertaranse un total de 1.215 prazas, das cales 254 corresponden a médico de familia de Atención Primaria; sete a dentista de Ptrimaria e 93 a pediatra deste mesmo nivel asistencial.

A ela súmanse 89 na categoría de persoal de enfermaría especialista en obstetrico-xineoloxía e 772 para técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

As probas realizaranse nas instalacións da Feira Internacional da Galiza en Silleda.