O Sergas estende a todas as áreas o test do coronavirus que se fai sen baixar do coche

Un test en Vigo (La Sexta)

Trátase dun sistema que cómpre ter, ademais da autorización médica, cita previa.

O Servizo Galego de Saúde implantará en todas as áreas sanitarias o sistema para realizar as probas do coronavirus aos pacientes desde os seus propios vehículos sen que teñan que baixar deles, e que só se lle realizará as persoas que teñan prescripción facultativa e cita previa. O facultativo ten que prescribir a realización deste test no marco dos criterios establecidos nos protocolos e quedará rexistrada na historia clínica electrónica do paciente.

Con esta medida trátase de complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio, que ven incrementando a súa demanda nos últimos días.

O novo sistema, coordinado e priorizado polo servizo de Medicina Preventiva dos hospitais, permite axilizar tempos xa que posibilitan que os cidadáns se despracen en coche ao hospital, e ademais diminúe a utilización dos equipos de protección individual (EPI) xa que mentres cada visita a domicilio supón un cambio de EPI,os profesionais van utilizar un só equipo por quenda de traballo, sen necesidade de cambiarse con cada paciente.

Na actualidade xa funciona en Vigo, Ourense e Lugo. Está previsto que mañá comece na Coruña e Pontevedra, e o luns en Santiago e Ferrol.