Semente Trasancos busca financiamento para dar o salto a primaria

Escola Semente

As escolas Semente xurdiron como unha iniciativa comunitaria para crear centros de inmersión lingüística na Galiza. Sosteñen que a escola actual é un elemento desgaleguizador para os cativos galegofalantes.

 

En total en Galiza existen cinco escolas de educación infantil: Lugo, Vigo, Trasancos (Ferrolterra) e dous en Compostela. Ademais, nesta cidade tamén está o único centro de educación primaria do grupo.

 

No caso concreto de Trasancos levan funcionando 3 anos. Contan con 16 familias e 20 crianzas, comprendidas dos 2 aos 6 anos. O seu local infantil atópase en San Mateu, no concello de Narón. Mais agora queren dar o salto á educación primaria, para que o buscan mercar un local en Neda. O edificio atópase na zona do Roxal, preto dos antigos muíños do Belelle. O prezo de adquisición do mesmo sería de 35.000 euros.

 

Sosteñen que a escola actual é un elemento desgaleguizador para os cativos galegofalantes.

 

É por iso que iniciaron un micro-mecenato nas redes. Despois de 9 días acadaron xa algo máis de 14000 euros, o que supón un 40% do total. As recompensas por colaborar, ademais do recoñecemento na web, van dende artesanía ata libros, pasando por música ou arte.

 

Quen queira colaborar pode facelo dende a propia web.