A Semente reta Toni Cantó: atopar 100 crianzas galegofalantes en Ferrol... ou demitir

semente trasancos

A afirmación do deputado de Ciudadanos “ninguén pode negar que o castelán desapareceu en Galiza” provoca o retruque da escola de ensino en galego de Ferrol.

”Ninguén pode negar que o castelán desapareceu en Galiza”. A afirmación de Toni Cantó, deputado de Ciudadanos, no Congreso español provocou unha vaga de reaccións. Desde acusar o parlamentar de “mentir” ou “vivir na lúa” até aquelas que o cualificaban directamente de “fanático” da supremacía e imposición do español. ou “descoñecedor” da realidade lingüística de Galiza.

 

 

Entre estas reaccións tamén houbo un reto, o formulado desde a Semente de Trasancos: atopar 100 crianzas galegofalantes en Ferrol. Tarefa ben sinxela se é certo que o español está “desaparecido” en Galiza como sostén cantó. Mais de non ser así e non poder atopar ese cento de nenos e nenas galegofalantes, Cantó “demitirás por mentir e donarás o teu salário ao projeto Semente. Aceitas?”