Unha semana sen falecementos por coronavirus

Análise de coronavirus nun laboratorio (Imaxe: Marwan Naamani)

A COVID-19 matou até agora 619 persoas na Galiza, segundo dados da Consellaría.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta cuarta feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 341.

Deles 109 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 25 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 30 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 334 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.503 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. Non hai mortes por este virus desde hai unha semana.

O número de PCR realizadas é de 161.195.

Nas residencias de anciás hai 9 contaxiadas, 5 delas persoas usuarias e a 4 traballadoras neses centros.

No que respecta a número de falecementos, mantense en 274, das que 132 foron nas propias residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.