A unha semana do inicio das oposicións Educación non publicou a lista de admitidos

CIG-Ensino esíxelle á Consellaría a publicación "inmediata" das listaxes.

A unha semana de que se inicien as oposicións, a Consellaría de Educación continua sen publicar a relación de persoas admitidas e excluídas nestas probasde ensino. Denúnciao CIG-Ensino, que critica a situación “de incerteza na que a Consellaría deixa os opositores e opositoras”, polo que exixe que se publiquen as listaxes “de xeito inmediato”.

 

CIG contrapón que a Consellería “si se apresurou a publicar unha nota de prensa con número de matriculados”. Porén, os propios afectados non saben se a súa matrícula foi aceptada ou non. “Segundo a orde os excluídos teñen un prazo de 5 días para reclamar que dificilmente se vai poder cumprir cando o primeiro exame está convocado para o próximo venres”.