A segunda folga na CRTVG obriga a cancelar ‘Luar’

A nova xornada de folga na CRTVG afecta a emisión duns programas máis emblemáticos da televisión pública.

A nova xornada de folga na CRTVG apuntou 25,6% de seguimento. Outros programas da televisión e da radio públicas tamén se viron afectados.

A segunda folga na Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) afectará a un dos programas máis emblemáticos do ente público galego.

Segundo as previsións da dirección non se emitirá Luar, que capitanea Xosé Ramón Gayoso, debido á produción previa que necesita este programa.

Ademais, o seguimento de 25,6% nesta segunda xornada de folga tras o 6 de marzo, volveron verse afectados os programas da ‘Revista’, ‘Zigzag’ e as seccións de ‘Deportes’ e ‘O Tempo’ na televisión; e os programas ‘Pensando en Ti’, ‘Diario Cultural’ e ‘Ao Contraataque’, da Radio Galega.

Venres Negro 253

Coincidindo cun novo 'Venres Negro', o número 253, os traballadores e as traballadoras chamadss ao paro nas redaccións da televisión e radio públicas protagonizaron tamén unha concentración de protesta na compostelá Praza do Toural, onde quixeron denunciar os "abusos" da dirección e na que corearon aclamacións de "máis cultura e menos xefaturas". Nela, estiveron acompañados por dirixentes políticos do BNG e do PSdeG.

Con esta protesta buscan denunciar "unha situación laboral marcada pola marxinación profesional, o trato degradante, a denegación de dereitos, as sancións e a represión sobre persoas traballadoras críticas coa manipulación informativa e o desmantelamento da compañía".

Pola súa banda, a CRTVG quixo expresar de novo o seu respecto por convocar a folga, na que tamén se demanda unha xornada laboral de 35 horas, á vez que pide tamén "respecto" para o case 75 por cento do persoal que non a secundou.