Segue activo o incendio que afecta unhas 420 hectáreas do Parque Natural do Xurés

Un hidroavión portugués que traballaba na extinción do incendio de Lobios sofre un accidente [Europa Pres].
Permanecen controlados outros dous en Muíños e quedou extinguido outro en Lobeira.

O incendio forestal que se rexistra desde a mañá do pasado sábado no municipio de Lobios, na comarca da Baixa Limia, após entrar por Portugal segue activo esta terza feira tras queimar unhas 420 hectáreas no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Así o informou a Consellería do Medio Rural, que indicou que este lume localízase na parroquia de Manín, onde comezou ás 8,00 horas do sábado após entrar desde Portugal.

No control deste incendio traballaron até o momento un técnico, 19 axentes, 54 brigadas, 29 motobombas, dúas pas, nove avións e 11 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Neste incendio accidentouse a fin de semana un hidroavión do operativo de extinción portugués, no que faleceu o piloto, un cidadán luso, e o seu acompañante resultou ferido.

Pola súa banda, permanece controlado desde as 10 horas desta segunda feira un novo incendio declarado na parroquia de Requiás no concello de Muíños e que tamén afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Tamén segue controlado outro incendio na mesma parroquia e municipio de Muíños que se inicioua sexta feira pasada e que afecta unhas 50 hectáreas de superficie.