A saturación nas Urxencias do CHUS vai ao xulgado

Colapso urxencias. Asociacion de pacientes e usuarios do CHUS

Persoal médico decide acudir vía de amparo perante o xuíz de garda cada vez que se dea esta problemática.

Cada vez que se dean episodios de saturación e colapso no servizo de urxencias do CHUS, Complexo Hospitalario Universitario de Compostela, acudir ao xuíz de garda. Esta é a vía decidida por persoal médico deste servizo para así aumentar a presión sobre os responsábeis sanitarios e políticos para que movan ficha e acaben con este tipo de situacións.

 

Esta segunda feira volveu darse a imaxe de saturación en Urxencias: 19 pacientes graves no corredor de entrada, denuncian desde o persoal médico. Até o de agora, cando se daba esta saturación enviaban un escrito á Xerencia do CHUS e á Consellaría de Sanidade. Agora, ademais, informarán o xuíz de garda.

 

A greve indefinida continúa neste servizo na demanda de medios e persoal.