Sanidade realizará un "screening masivo" a uns mil mozos e mozas tras dous focos con 9 casos en Melide

coronavirus test virus

A área Sanitaria de Santiago e Barbanza realizará un "screening masivo" a uns mil mozos de entre 18 e 30 anos de idade despois detectarse dous brotes que suman nove casos no municipio de Melide .

Así o informou a área sanitaria compostelá, que explicou que ante o incremento de casos positivos vinculado a dous brotes detectados a fin de semana en Melide, decidiuse realizar nos próximos días un "screening masivo" no Centro de Saúde desta localidade a case mil mozos de entre 18 e 30 anos deste municipio.

As probas, concretaron as mesmas fontes sanitarias, realizaranse entre a cuarta feirae a quinta feira pola tarde no Centro de Saúde de Melide e a citación será mediante chamada telefónica e SMS.

Nas PCR realizadas até agora aos contactos estreitos destes dous brotes -estudáronse 101 caso--, detectáronse dous mozos positivos vinculados ao dun grupo de catro amigos menores de 30 anos en Melide.

Nesta localidade estúdase tamén un brote familiar composto por tres casos --pai, nai e fillo--, sinalou a área Sanitaria de Santiago e Barbanza.

Até o momento, puntualizaron as mesmas fontes, "non se atopou o vínculo entre estes dous brotes que xa afectan a nove persoas en Melide".