A sanidade privada aumenta a súa actividade na Galiza e xa representa 26,5% da atención hospitalaria

Interior de centro hospitalario

Os hospitais privados piden “máis protagonismo” e cifran en 935 millóns o aforro que supoñen os seus servizos  para o Sergas. Porén, Galiza é o territorio no Estado onde máis aumentou a partida para concertos coa sanidade privada, segundo o informe ‘Sanidade privada, achegando valor 2019’.

A sanidade privada na Galicia aumentou a súa actividade en 2017, ata alcanzar o 26,5% da atención especializada e hospitalaria, nun escenario no que, con todo, se reduciu a actividade concertada do Sergas

Así se desprende do informe ‘Diagnóstico da saúde en Galiza 2019’, elaborado por Ahosgal – asociación de hospitais privados na Galiza- e presentado esta sexta feira, no que a asociación reclama "máis protagonismo" para os centros privados do sistema sanitario galego e cifra en 935 millóns o aforro das súas actividades para o Sergas.

Os centros hospitalarios integrados en Ahosgal realizaron 28,5% das intervencións hospitalizadas, 40% das cirurxías ambulatorias principais, 29,8% das intervencións de urxencia, 20,5% dos ingresos hospitalarios e 25,8% das consultas externas, entre outras actividades.

Neste sentido, Ahosgal defende a súa contribución ao sistema sanitario galego e ven "necesario superar debates dicotómicos" entre a sanidade pública e a privada, dando "máis protagonismo" á segunda en función do seu peso.

En canto aos datos, o estudo confirma que os centros hospitalarios integrados en Ahosgal realizaron 28,5% das intervencións hospitalizadas, 40% das cirurxías ambulatorias principais, 29,8% das intervencións de urxencia, 20,5% dos ingresos hospitalarios e 25,8% das consultas externas, entre outras actividades.

Ante este "crecemento da actividade da sanidade privada", o director xeral de Ahosgal, Rafael Serrano, subliñou que Galiza non experimentou un aumento "na privatización", xa que a actividade concertada do Sergas con entidades privadas é 5,5% menos que en 2010.

Segundo Serrano, o crecemento da asistencia sanitaria privada produciuse porque, "cada vez máis", é "a opción preferida para os usuarios, se puidesen escoller entre público e privado". Neste sentido, sinalou que "a maioría dos cidadáns que coñecen os dous sistemas" prefiren privados "para ser atendidos por un parto, unha emerxencia médica ou un síntoma que preocupa, segundo recolle o Barómetro de Saúde".

Galiza, territorio para a privada

A evolución das partidas destinadas a concertos coa sanidade pública nestes anos sitúa Galiza como o territorio onde este concepto rexistrou un maior aumento porcentual. Segundo recolle o informe ‘Sanidade privada, achegando valor 2019’ , elaborado polo Instituto para o desenvolvemento e integración da sanidade, o maior incremento en porcentaxe nese capítulo no conxunto do Estado español deuse en Galiza e Balears, con 0,4% de aumento. No caso do noso país son case 230 millóns de euros os que se orzamentan  nesa partida.