Sanidade confirma un caso de Zika nunha grávida en Galiza

Eleva a 38 os casos diagnosticados no Estado español.

O Ministerio de Sanidade eleva a 38 os casos de Zika diagnosticados no Estado español. Entre eles, os de cinco embarazadas, unha delas en Galiza. Na web do Ministerio informan que todos os casos confirmados polo Centro Nacional de Microbioloxía do Instituto de Salud Carlos III corresponden a persoas que viaxaron aos países afectados no continente americano.

Dos 38 casos confirmados, 9 están en Cataluña, 13 en Madrid, 6 en Castela e León, 2 en Aragón, 2 en Asturias, 1 en Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana, Navarra, A Rioxa e Galiza. O Ministerio afirma que está sometendo a vixilancia todos estes casos en colaboración coas respectivas Comunidades Autónomas.