Sanidade e colexios médicos colaboran para esclarecer se facultativos colaboran cunha plataforma negacionista

Persoal sanitario sostén unha dose da vacina de Pfizer/BioNTech. (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press).
A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde asinou un escrito cos sindicatos da Mesa Sectorial de Sanidade no que, lembra, "manifestan o seu rexeite a calquera tipo de afirmación negacionista".

A Consellería de Sanidade e o Consello Galego de Colexios Médicos colaborarán para investigar unha suposta plataforma de facultativos negacionistas da pandemia pola Covid-19 e esclarecer se profesionais da sanidade pública de Galiza colaboran con ela.

Así o informou Sanidade nun comunicado de prensa despois de que o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, e o xerente do Sergas, José Flores, reunísense esta terza feira pola mañá de modo telemático co presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, Isidro Lago, para abordar xuntos a situación sobre unha suposta plataforma de facultativos negacionistas.

Ademais, o departamento de Sanidade indicou que traballa "para solicitar datos co obxecto de averiguar quen promove esta plataforma" negacionista.

Sanidade e o Consello Galego de Colexios Médicos acordaron "traballar xunto na mesma dirección", indica Sanidade, á hora de investigar estas actuacións para "esclarecer se médicos da sanidade pública colaboran con esta plataforma".

Ademais, o departamento de Sanidade indicou que traballa "para solicitar datos co obxecto de averiguar quen promove esta plataforma" negacionista.

Neste sentido, esta Consellería subliñou que "xa se están a facer indagacións sobre a procedencia de diferentes cartas enviadas a médicos galegos".

Así mesmo, incidiu en que a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde asinou, esta pasada segunda feira, un escrito cos sindicatos da Mesa Sectorial de Sanidade no que, lembra, "manifestan o seu rexeite a calquera tipo de afirmación negacionista".