Sanidade anuncia agora “probas completas” na Mariña aos colectivos máis expostos á Covid-19

Cola para realizar o test da Covid en Burela (Carlos Castro / Europa Press)

Burela será o primeiro do concellos no que se realicen as probas

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, trasladoulle está mañá aos alcaldes e alcaldesas da Mariña que, a Consellería de Sanidade vén de acordar a realización dun estudio epidemiolóxico completo aos colectivos profesionais máis expostos á covid-19 nos 14 concellos que conforman o distrito sanitario da Mariña.

Entre o conxunto de profesionais aos que se lle realizarán ás probas epidemiolóxicas  atópanse o persoal sanitario dos centros de saúde, PAC e hospitais da comarca mariñán, os corpos de policía local; ademais doutros colectivos vulnerables, como son  o Servizo de Atención no Fogar (SAF), os membros de Protección Civil, o persoal de socorrismo ou os traballadores municipais e membros da corporación local.

Burela, o municipio que conta co maior número de casos activos neste momento, será onde se inicie o cribado dos colectivos máis expostos á covid-19 para, de seguido, continuar co conxunto de concellos costeiros, nos que aínda existe algún tipo de restrición sanitaria para, finalmente, testar ao persoal do conxunto dos concellos do interior da comarca, que xa non contan con restricións de mobilidade.