Sanidade abre o 14 de xullo a autocita para a vacinación das primeiras doses de adultos e nenos

Indicacións para opunto de vacinación no Hospital Marítimo de Oza, o 24 de marzo de 2021. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
A autocita poderá realizarse a través da web do Sergas ou por medio da aplicación Sergas Mobil.

A Xunta abrirá a partir do 14 de xullo a autocita para a vacinación da Covid-19 das primeiras doses de adultos e de nenos, así como as doses de recordo para a poboación maior de 18 anos.

Segundo trasladou a Consellería de Sanidade, a autocita poderá realizarse a través da web do Sergas ou por medio da aplicación Sergas Mobil. Tamén se poderá realizar no número de teléfono 881 54 00 45.

 

 

Así mesmo, a administración autonómica detallou que, no momento no que unha persona cumpra os criterios e entre en campaña, a Xunta enviaralle un SMS para indicarlle que xa pode pedir cita. Ademais, as sete áreas sanitarias tamén as poderán citar activamente.

En todo caso, a Xunta lembrou que continúa en funcionamento a entrada libre para vacinación da Covid-19 nos diferentes hospitais da comunidade.