@s socialistas denuncian impedimentos para pedir cita previa no Sergas

sergas

O PSdeG asegura que as persoas maiores e as zonas rurais son as máis afectadas por esta situación e suxire a posíbel ilegalidade de aplicacións de pago para solicitar atención. "A privatización do PP chega tamén a servizos auxiliares que pagan os usuarios", di Acuña. 

 

O PSOE galego alerta da "perda de accesibilidade" dos sistemas para pedir cita previa no Servizo Galego de Saúde (Sergas), especialmente aqueles utilizados por persoas maiores e veciñ@s de zonas rurais e advirte da posible ilegalidade das funcións de pago existentes e avaladas desde a Xunta.

Segundo a portavoz de sanidade d@s socialistas no Parlamento galego, Carmen Acuña, a consecuencia desta situación, "existen a día de hoxe operativas varias aplicacións de móbil, privadas e de pago, que garanten aos usuarios axilizar os trámites para pedir cita previa".

"Á marxe da posible ilegalidade deste tipo de ferramentas, que utilizan os logotipos do Sergas", lamentou que "o modelo privatizador do PP provoque incluso outro tipo de privatizacións auxiliares, sempre con custos que teñen que soportar os usuarios".