As fragas do Eume, incluídas nun proceso de sanción europea polo seu estado

Fragas do Eume (Imaxe: PSdeG).
En resposta a unha pregunta do eurodeputado socialista Nicolás Gonzalez Casares a Comisión Europea constata a "falta de adopción de obxectivos e medidas de conservación".

A Comisión Europea constata a "falta de adopción de obxectivos e medidas de conservación" na contorna das Fragas do Eume, declarada Zona Especial de Conservación (ZEC).

Así o trasladou nunha resposta parlamentar á cuestión do eurodeputado do PSdeG Nicolás González Casares. Na súa pregunta, o socialista lembrou que "hai máis de vinte anos" a Xunta declarouno paraxe natural sen chegar nunca a aprobar o seu plan reitor.

O eurodeputado tamén sinalou os "gravísimos incendios forestais" que afectaron ao parque natural en 2012 ou o recente episodio turbidez das augas do río Eume que obrigou á Xunta a declarar a situación de emerxencia.

En 2015 a ComisiónEuropea iniciou unha apertura de infracción contra a maioría das comunidades autónomas do Estado español por eivas na conservación dos ZEC.

O pasado 2 de xullo, durante ese procedemetno, enviou unha "carta de emprezamento complementaria" na que instaba ao Estado Español a "completar o proceso de designación" destas zonas

Na súa resposta ao eurodeputado, o organismo europeo engadiu que as fragas do Eume están incluídas nun proceso de sanción ante a súa falta de resposta.