Rosalía de Castro, "persoa non grata" para a Consellaría de Educación

Cartel de Rosalía de Castro durante o pasado Día das Letras. (Foto: Europa Press).
Un ano máis, a conmemoración do 24 de febreiro, Día de Rosalía, non será incorporada ao calendario escolar.

Un ano máis, a conmemoración do 24 de febreiro, Día de Rosalía, non será incorporada ao calendario escolar. Para o sindicato CIG-Ensino, o feito de que a Consellaría de Educación da Xunta da Galiza "se negue, ano tras ano, a asumir que o Día de Rosalía está xa instalado en multitude de centros educativos como unha data sinalada no noso calendario de conmemoracións" resulta "difícil de cualificar", mais emprega termos como "enfermidade patolóxica", "paradigma do autoodio", "complexo cultural" ou "illamento social" .

Ademais, "a alerxia da Consellaría non se limita a Rosalía -segundo afirma a CIG-, tamén se estende ao 10 de marzo como Día da Clase Obreira Galega", unha data que para a central sindical "debe formar parte non só do currículo escolar, senón tamén das datas a salientar ao longo do curso".