Riós rexistra un terremoto de magnitude 1,8 após dous sismos en Folgoso do Courel este domingo

O concello de Riós, na comarca de Verín, rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 na mañá desta segunda feira, despois dos dous que tiveron lugar este domingo en Folgoso do Courel, na comarca de Quiroga.

Segundo os datos rexistrados polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN), recollidos por Europa Press, ás 8:18 horas de hoxe tivo lugar un sismo de magnitude 1,8 con epicentro a un quilómetro de profundidade en Riós.

Na xornada do domingo, no municipio de Folgoso do Courel, situado a uns 110 quilómetros de Riós, rexistráronse cuns minutos de diferenza na mañá deste domingo dous sismos.

O primeiro deles tivo lugar ás 8:44 horas deste domingo 14 de marzo ás 8:44 horas cunha magnitude de 3,4; mentres que o outro sucedeu ás 8,47 horas con magnitude 2,5.

Pola súa banda, na noite da pasada sexta feira, 12 de marzo, rexistrouse outro terremoto na provincia de Ourense, no municipio de Boborás, de magnitude 2,6.