Os ríos galegos, 10 toneladas máis limpos en só unhas horiñas grazas a 456 voluntari@s

Grupo de voluntari@s

A VI Limpeza Simultánea ' Móllate polos ríos' decorreu este ano en 37 concellos galegos, e participarán un total de. Tomaron parte na iniciativa 44 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén 7 concellos que organizan directamente esta actividade.

“Recollemos refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, paragolpes, cristais e asentos, e os electrodomésticos tampouco faltaron, con tambores de lavadoras e televisións. Apareceu tamén algunha uralita, roupa, calzado... Algúns dos grupos se adicaron tamén a manter os sendeiros de pescadores”. Desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) móstranse satisfeitos co decorrer da VI Limpeza Simultánea 'Móllate polos ríos'. Unha iniciativa que se desenvolveu hai uns días en 37 concellos galegos, coa participación de medio cento de entidades e na que se retiraron por volta de 10.000 quilogramos de lixo e refugallos.

"O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración" lembra Adega

“Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados”, indican desde Adega. 

Río a río, regato a regato

Foron case medio milleiro de participantes. En ríos coma Zamáns e Miñor (Gondomar) retiráronse 1.800 kilos entre as 25 persoas que se sumaron a esta iniciativa. Por poñer só un exemplo. Ou en Compostela, onde a trntena de voluntari@s convocados entre Adega, A Gentalha do Pichel e A Semente retiraron do río Sarela uns 200 quilos de refugallos. E así, río tras río, regato, tras regato...para “coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados”.