Nove ríos baixo vixilancia por risco de desbordamento

Vivenda anegada en Neda (Foto: Europa Press)

Deixan de estalo o Labrada, Ladra e o Avia.

Un total de nove ríos permanecen baixo vixilancia por desbordamento debido ás precipitacións acumuladas nos últimos días, mais esta listaxe cambiou e deixan de preocupar o Labrada, Ladra (Begonte) e o Avia (Ribadavia).

Actualmente, segundo o último parte acualizado, atópanse baixo vixilancia do Plan Inungal da Xunta da Galiza, que monotoriza a situación, os seguintes ríos: Rego dás Mestas (Valdoviño), Mera (Ortigueira), Mandeo (Aranga), Mendo (Betanzos), Mero (Betanzos), Furelos (Santiso) -novo-, Dubra-Tambre (Val do Dubra), Oitavén (Soutomaior) e Miñor (Gondomar) -novo-.

A Xunta mantén activo o Plan Inungal co fin de monitorizar o nivel dos ríos debido a que os caudais son elevados e poden producirse desbordamentos puntuais nos seus cursos. Neste contexto, é importante que a poboación adopte medidas de autoprotección que contribúan a garantir a súa seguridade.

Hoxe,  a Galiza quedará durante o día nunha situación intermedia entre altas e baixas presións coa chegada dunha fronte na segunda metade do día. Será unha xornada de ceos nubrados, con chuvias pola tarde, máis probábeis canto máis ao oeste do país.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas seguirán sen cambios. O vento soprará de compoñente sur, frouxos en xeral no interior; moderados na costa, con intervalos fortes no litoral da Coruña.

E mañá, quinta feira, chegará unha nova fronte e deixará unha xornada de moita humidade na metade oeste da Galiza. Polo tanto, o ceo estará parcialmente cuberto con precipitacións máis persistentes na metade sur. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios. O vento soprará do suroeste, forte entre Fisterra e Estaca de Bares. Para a sexta feira prevese un descenso na posibilidade de chuvias na Galiza.