crise dos pellets

Ribera critica a actitude da Xunta ante a crise dos pellets: "Mandáronnos unha carta aos reis magos"

A ministra de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico do Estado español, Teresa Ribera. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
"Estou un pouco sorprendida, non debo ser a única vista a cantidade de memes que se prodigaron nas redes sociais á mantenta da petición da Real Navy por parte da Xunta da Galiza", sinalou Teresa Ribera, esta quinta feira nun almorzo informativo en Madrid.

A vicepresidenta terceira do Goberno español e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, cualificou de "carta aos Reis Magos" e de "grande irresponsabilidade" a petición da Xunta da Galiza ao Goberno solicitando "até un submarino" para facer fronte á vertedura de pellets, "tres veces máis que para o Prestige".

"Estou un pouco sorprendida, non debo ser a única vista a cantidade de memes que se prodigaron nas redes sociais á mantenta da petición da Real Navy por parte da Xunta da Galiza", sinalou Teresa Ribera, esta quinta feira nun almorzo informativo en Madrid.

Ante este "desgraciado episodio" dos pellets, a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica criticou que a Xunta pasase de pedir aos alcaldes que traballen nas praias a, "dous días despois" solicitar ao Goberno "practicamente todos os medios mariños de Salvamento Marítimo", até "helicópteros e un submarino".

"Dispoñíbeis? Totalmente dispoñíbeis. Pero mire, home, non me pida tres veces máis do que pediu no Prestige. Os cidadáns aprecian cando colaboramos as administracións pero non me diga que aquilo que é útil non o quere e me mande unha carta aos Reis Magos que deixaría sen cobertura o resto do Estado e que, probabelmente tería pouca eficacia", insistiu.

"Irresponsabilidade"

Ademais, precisou que está petición supón "unha grande irresponsabilidade porque pode haber episodios que requiren un auxilio inmediato como o rescate de "migrantes en alta mar".En calquera caso, Ribera opinou que a vertedura de pellets é un "episodio desgraciado" e que o Goberno do Estado está en condicións de "axudar a quen o pida", sempre "conforme os protocolos e ferramentas" e, neste caso, lembrou que existe un plan para actuar fronte a episodios de contaminación mariña.