"A ría de Ferrol foi unha das máis produtivas de Galiza e na actualidade é unha das máis contaminadas"

Ría de Ferrol

Ambientalistas denuncian que o recheo que se está a realizar nas inmediacións do estaleiro de Navantia-Fene "suma unha alteración máis ao ecosistema da ría" ferrolá. 

"Que hai uns cantos anos a ría de Ferrol era unha das máis produtivas de Galiza e agora está pola cola na cantidade de mariscos extraídos, é un feito innegable", afirman desde Adega, que indica que esta situación débese a unha serie de factores, entre eles "a perda de espacio físico no que criar mariscos, polos moitos recheos que se teñen acometido na ría, ademais de que se seguen vertendo augas fecais e outros produtos contaminantes". A denuncia deste colectivo ambientalista prodúcese agira a raíz do recheo que se está a facer na contorna do estañeiro de Navantia-Fene e que é "máis unha alteración" do ecosistema, coas consecuencias que iso supón.

"O recheo que se está a levar a cabo non é en si unha catástrofe para a ría, pero afonda no seu deterioro"

Adega sostén que "as administracións encargadas de xestionar os recursos do país, deberan mudar a concepción que temos dos entornos mariños". Moitas das políticas impulsadas supuxeron a perda de hábitats mariños que forman parte dun entorno único, "posto que as rías son entornos pouco comúns na xeografía mundial, e non existe outra zona do mundo cunha concentración tal como en Galiza".