Filmado por primeira vez un oso pardo no parque natural do Invernadeiro

Imaxe do oso no Macizo.

As cámaras do cineasta compostelán Pela del Álamo rexistraron a presenza dun oso pardo en diversas localizacións do Parque Natural dos Montes do Invernadeiro.

As cámaras da película Montaña ou Morte producida por Felipe Lage para Zeitun Films e dirixida por o cineasta Pela del Álamo, rexistraron a presenza dun oso pardo (Ursus arctos) en diversas localizacións do Parque Natural dos Montes do Invernadeiro.

“O exemplar, un macho de entre 3 e 5 anos, é o primeiro en ser filmado na zona e probablemente o primeiro que transita esta comarca nos últimos 150 anos. Segundo os axentes ambientais do parque, o animal pasou con toda seguridade o inverno no Invernadeiro”.

Así o comunica Zeitum Fims, que informa que as imaxes foron captadas por cámaras de fototrampeo que a produción ten repartidas por varias localizacións da zona desde hai dous anos coa fin de rexistrar fauna salvaxe.

Estas imaxes serán parte da devandita película, que agora está en fase de desenvolvemento, e para a que conta co financiamento de AGADIC - Axencia Galega das Industrias Culturais e a colaboración do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia en Ourense.

O exemplar, un macho de entre 3 e 5 anos, é o primeiro en ser filmado na zona e probablemente o primeiro que transita esta comarca nos últimos 150 anos.

Para o rexistro destas imaxes, o equipo de Zeitun Films contou co asesoramento dos axentes ambientais da Xunta no Invernadeiro, Ricardo Prieto Rocha e Tomás Pérez Hernández, os dous expertos coñecedores da comarca.

O oso pardo é unha especie protexida no Estado español desde o ano 1973 e na Galiza mantivo unha presenza histórica, aínda que intermitente, na zona dos Ancares lucenses.