Rexistrado un brote en Boiro ao dar positivo 4 persoas da mesma familia, procedente de Madrid

Test da Covid-19 (Imaxe: David Cabezón)

Están illadas.

Un novo brote foi rexistrado en Boiro (comarca do Barbanza) ao dar positivo catro persoas da mesma familia, procedente de Madrid, que permanecen illadas sen necesidade de hospitalización.

Segundo informaron a Europa  Press fontes sanitarias, trátase dun caso importado que permanece controlado.

Así, esta fontes sinalaron que xa se realizaron o seguimento aos posibles contactos mantidos pola familia e que ningún deles deu positivo.