Rexedoras da Terra de Caldelas denuncian que a Xunta non informou da saída anticipado do alumnado do CEIP Castro Caldelas

Nevada en Maceda (Allariz-Maceda). (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)

O PSdeG de Ourense alertou da "falta total de coordinación" da Consellaría de Educación.

O temporal de neve que afecta varias comarcas de Ourense obrigou a adiantar a saída dos alumnos do CEIP Castro Caldelas esta terza feira, unha decisión ante a que a rexedora de Castro Caldelas, Sara Inés Veiga e o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, afearon unha "ausencia de información" por parte da Xunta da Galiza ao tomar a decisión de "enviar aos escolares ás súas casas no medio da xornada lectiva".

Así o recolleu nun comunicado o PSdeG de Ourense, que denunciou "caos" e "falta total de coordinación" por parte da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e FP, á que acusou de tomar esta decisión "sen avisar a alcaldes" e "sen seguir os protocolos adecuados".

Pola súa banda, a Consellería de Educación explicou que a valoración da situación realizouse "tendo en conta os avisos emitidos pola AEMET e por Meteogaliza" e explicou que, de acordo coa información facilitada, "non constaban alertas que puidesen implicar a suspensión de clases".

Neste senso, a Consellaría subliñou que o que se fixo foi adiantar a hora de saída do alumnado. "En calquera caso, é habitual que nos meses de inverno se atendan casos puntuais como os desta terza feira en Ourense, aínda que non se suspendan as clases", concluíu.

Neste contexto, o grupo socialista explicou que tivo coñecemento dos feitos a través da rexedora de Castro Caldelas e do alcalde de Parada de Sil (PSdeG), quen afeou unha "ausencia de información" por parte da Xunta ao tomar a decisión de "enviar aos escolares ás súas casas no medio da xornada lectiva tendo moitos deles graves problemas para poder regresar".

Aliás, socialistas debullaron que os propios alcaldes "recibiron queixas e demandas de explicacións" por parte de pais e nais de alumnos, "a pesar de non ter información" sobre a devandita actuación.

"Ninguén avisou aos alcaldes e meteron aos nenos nun autobús que tivo grandes problemas para chegar por mor da neve acumulada na estrada", engadiron.