Revive o incendio en Muíños e arrasa xa máis de 150 hectáreas no parque natural do Xurés

Imaxe: @AT_Brif

[Actualizada 16:45] Xunta decretou nivel 2 de alerta pola proximidade a núcleos poboados. Tasmén decretou ese nivel de alerta no lume de Oímbra.

O parque natural do Xurés, unha das xoias ambientais e paisaxísticas de Galiza, volve estar afectado polos lumes. O incendio forestal que afectou o concello de Muíños reactivouse na madrugada desta terza feira e a superficie afectada supera xa as 150 hectáreas nesa contorna privilexiada. Até a madrugada las lapas afectaran apenas a 2 hectáreas mais reactivouse e avanzaron nestas horas a gran velocidade, superando pola mañá da terza feira as 20 hectáreas queimadas e a primeira hora da tarde ía nas 150.

O lume afecta a unha contorna de gran riqueza ambiental e paixaística como é o Xurés, un parque natural que non é a primeira vez que se ve afectado polos incendios. O lume empezou na parroquia de Requiás na tarde da segunda feira. No lugar traballan 14 brigadas, oito motobombas, 2 avións e 2 helicópteros.