O retroceso en dereitos e liberdades, a debate en Compostela da man de Esculca

‘Direitos en retrocesso’ é o título do debate organizado por Esculca, Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, para este sábado, día 17, en Compostela, a partir das 17:00 horas na Casa do Matadoiro. Un acto ao que se convoca a participar a diferentes axentes sociais, desde colectivos de defensa de persoas migrantes e menores a sindicatos, pasando por asociacións ambientalistas e organizacións do feminismo.

 

Esculca considera que estamos fronte a un retroceso acelerado das liberdades, polo que urxe estudar o que facer. O debate en Santiago procura ver se hai unha coincidencia no diagnóstico da situación e na necesidade de abrir un debate na sociedade, indo máis alá de expresas apoios e solidariedades puntuais a persoas ou colectivos atinxidos por estes recortes.