Retiran do porto de Vigo unha balea morta tras colisionar cunha embarcación

O exemplar de balea morta en Vigo (Foto: Europa Press).
Até o lugar desprazáronse efectivos da ONG Cemma (Coordinadora para o Estudo de Mamímeros Mariños) para a toma de mostras e constataron, pola inspección realizada, que se trata dunha cría de poucos meses, que probabelmente estaba migrando coa súa nai e que debeu falecer tras unha colisión cunha embarcación.

Persoal da Xestora de Subproductos de Galicia (Gesuga) retiraron esta terza feira unha cría de balea común que foi localizada morta nas últimas horas nas inmediacións do dique da terminal de Bouzas, no Porto de Vigo.

O exemplar, de algo menos de nove metros, foi remolcado por un barco de Salvamento Marítimo até o peirao do Porto Pesqueiro, e na mañá desta terza feira un gran guindastre izouno e depositou nunha das ramplas de varado.

Até o lugar desprazáronse efectivos da ONG Cemma (Coordinadora para o Estudo de Mamímeros Mariños) para a toma de mostras e constataron, pola inspección realizada, que se trata dunha cría de poucos meses, que probabelmente estaba migrando coa súa nai e que debeu falecer tras unha colisión cunha embarcación.

Nestes casos, o animal debe ser trasladado a un xestor de residuos orgánicos autorizado para a súa incineración e así se tramitou con Medio Ambiente, por parte da Autoridade Portuaria de Vigo.