Centos de persoas acoden ás concentracións

O feminismo galego reacciona perante a saída da prisión dos membros de La Manada

Protesta contra o auto que deixa en liberdade La Manada. Foto; Galiza Contrainfo.

Hai convocadas concentracións esta sexta feira en resposta á decisión de pór na rúa de xeito provisional os agresores de La Manada. Foron moi numerosas.

"Se é machista non é xustiza. A xustiza española libera os violadores. O feminismo responde nas rúas". así rezaba o cartaz que anda a rular polas redes para convocar de urxencia concentracións de protesto polo fallo xudicial que deixa en liberdade condicional os membros de La Manada.

 

As prazas galegas volvéronse encher de manifestantes indignadas. A concentración en Compostela, finalmente transformada en marcha pola cidade, resultou especialmente nutride. Pancartas coa palabra de orde "Erradiquemos a cultura da violencia machista", "Non é abuso, é violación" ou "Rebelión, deseobediencia contra a súa violencia" acompañaron os berros de protesta contra un auto xudicial que permite a La Manada saír inmediatamente da prisión mentres non haxa sentenza firme.

 

As convocatorias para esta sexta feira, 22 de xuño, foron as seguintes:

- Cangas, 21:15h Praza do Concello
- Lugo, 20h Praza do concello
- Noia, 21h Praza do concello
- Vigo, 21h Farola de Urzáiz
- Redondela, 20:30h diante dos xulgados
- Burela, ás 21 horas diante do concello
- Cee, ás 20:30h na Praza 8 de marzo
- Monforte, ás 20:30 Praza de España
- Viveiro, 20h Praza da Fontenova
- Ribeira, 20h Praza do Concello
- Ponteareas, 20:30h xulgados
- Carballiño, 20h Praza do concello
- Bueu, 20:30h diante do concello
- Carballo, 20h Praza do Concello
- Vilagarcía, 20:30 Praza Galiza
- Vilalba, 21h Praza Constitución
- Rianxo, 21h Praza Castelao

As convocatorias estan se a actualziar. Máis información, aquí ou aquí

Nota: imaxe da concentarción en Compostela. Foto: Compostela Aberta.