Residencia de maiores de Celanova: 11 positivos entre o persoal e 13 entre as usuarias

Instalacións da residencia en Celanova (San Carlos).

A residencia de maiores San Carlos, no concello de Celanova, rexistrou o seu primeiro caso de coronavirus a pasada sexta feira nun usuario que foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Hoxe domingo, 48 horas despois, a propia residencia informa que hai 23 positivos na residencia: 11 entre o persoal e 13 entre as persoas usuarias.

“Actualmente estamos pendentes de novas decisións que nos ofrezan desde a Consellaría de Política Social e do Sergas”, así como de “máis resultados”, polo que o número de afectados polo COVID-19 pode ir en aumento.

As residencias de maiores están a ser un dos principais focos de preocupación no combate contra o coronavirus por ser este un grupo de risco prante o virus. Persoal de residencias públicas e privadas denunciaron a falla de maetrial así como a tardanza en aplicar protocolos acaídos.