Seis reos galegos reciben rebaixas na condena por delitos sexuais após a aprobación da lei do 'só si é si'

Audiencia de Pontevedra (Foto: Nós Diario).
Na Galiza, as últimas rebaixas aplicadas foron ditadas pola Audiencia Provincial de Pontevedra, que concretamente rebaixou a pena de cárcere para un condenado por abuso sexual a unha menor, pasando de 5 anos de condena a 4 anos e 6 meses.

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acordou rebaixar en seis meses a pena de cárcere para un condenado por abuso sexual a unha menor de 16 anos após a aplicación da nova lei do 'só si é si'. Concretamente rebaixou a pena de cárcere deste reo que pasa agora de 5 anos de condena a 4 anos e 6 meses.

En total, o número de condenados que se viron 'beneficiados' despois da aprobación da Lei de Garantía Integral de Liberdade Sexual (coñecida como a lei do 'só si é si') ascende polo menos a seis na Galiza e un total de 52 no Estado. Para alén diso, a nivel estatal 12 persoas acusadas de delitos sexuais foron excarceradas.

Para alén diso, a nivel estatal 12 persoas acusadas de delitos sexuais foron excarceradas.

Na Galiza, as últimas rebaixas aplicadas foron ditadas pola Audiencia Provincial de Pontevedra, que concretamente rebaixou a pena de cárcere para un condenado por abuso sexual a unha menor, pasando de 5 anos de condena a 4 anos e 6 meses.

O criterio do supremo

Na resolución, o Tribunal Supremo incidiu en que a Lei de Garantía Integral de Liberdade Sexual "poderá aplicarse en beneficio do reo cando se fixe a pena inferior naqueles supostos nos cales así proceda".

Matizaron, con todo, deberá facerse "analizando caso por caso, e non de forma global". Isto contrasta co criterio marcado pola Fiscalía Xeral do Estado, que considera que non se modificarán penas cando poidan ser impostas co novo marco penal, un criterio que evitaría unha rebaixa "automática" de condenas.

Agresión e abuso sexual

A nova lei provocou que o delito de agresión sexual 'absorba' o de abuso sexual, o que significa que un delito que até agora recollía unha conduta máis grave incorpore unha de menor gravidade, isto abre a posibilidade de abarcar calquera comportamento penado como 'agresión sexual', un delito menos grave que 'abuso sexual'.