Renfe retira o abono gratuíto a máis de 70 persoas por uso irregular reiterado

Tren de media distancia. (Foto: Renfe)
As persoas sancionadas pola empresa ferroviaria non poderán solicitar un novo abono gratuíto até transcorridos 30 días da anulación do bono.

Renfe retirou o abono gratuíto para usuarios recorrentes a máis de 70 clientes por un "uso irregular reiterado" do seu título de transporte, o que tamén supón a incautación da fianza de 20 euros que pagaron ao pedilo.

Así mesmo, estas persoas non poderán solicitar un novo abono gratuíto até transcorridos 30 días desta anulación, en resposta ao "mal comportamento" que supón reservar praza nun tren e logo non viaxar, evitando así que outras persoas poidan facelo.

Avisos

Renfe envía dous avisos á persoa titular do abono cando detecta que finalmente o usuario non viaxou sen anular a reserva coa antelación requirida.

Á terceira vez que se incorra en uso indebido, Renfe procede a sancionar.

Os viaxeiros reciben este aviso por mensaxe de texto (SMS) nos seus teléfonos ou a través dun correo electrónico: "Renfe informa que o seu abono gratuíto pode ser anulado ao reservar unha viaxe sen que realice nin anule a devandita con dúas horas de antelación".

Novidades para 2023

Ademais, desde o 7 de decembro, entre as novas condicións de uso, limítase a catro viaxes diarios de ida ou volta o número máximo de traxectos que se permite formalizar por abono e imposibilitarase formalizar dúas viaxes no mesmo sentido até que transcorra o triplo do tempo de viaxe programada.