Renfe estuda suprimir 49 servizos de tren rexional en Galiza e manter só as liñas A Coruña-Vigo e Santiago-Ourense

Desaparecerían aquelas cunha ocupación por baixo do 15%, unha decisión que deixaría sen servizo a varias estacións galegas, segundo desvela El País

 

O tren non é un servizo público. É un negocio. Polo tanto, debe ser suprimido aquelo que non sexa rentable. En base a esta Filosofía, Fmento está a avaliar a supresión en Galiza de case medio cento de trens rexionais, segundo informa El País.

Os plans do ministerio serían manter só os trens que comunican A Coruña e Vigo; e Compostela e Ourense. E mesmo nestas liñas tamén habería recortes en frecuencias. Así, liñas como a que une Ferrol e a cidade herculina desaparecerían, así como a de Ourense-Sanabria ou A Coruña-Lugo-Monforte, entre outras.

Fomento encargou a elaboración dun estudo sobre a rede ferroviaria, análise que contempla todas estas recomendacións e conclusións. Haberá que ver agora cal é a decisión do ministerio. E que vai facer a Xunta